venres, 20 de xuño de 2014

Carta de despedida

Benquerido IES Miraflores:
     Son a Biblioteca do IES e quero aproveitar esta oportunidade para valorar todo o acontecido entre as miñas paredes, tal como as actividades mensuais, as dos departamentos, as da ANPA e do Concello, e todas as celebracións e festas que vivimos xuntos. 

      Atópome ben, agradecida ao alumnado e comunidade educativa do IES Miraflores, porque este foi o primeiro curso no Plambe e ás veces as novidades provócannos certo temor. Mais sen embargo coa vosa axuda fun quen ao longo deste curso de ir descubrindo un mundo aberto, con moitas facetas incríbles para min, tan novata. 

     É por isto que tamén quero agradecer a toda a xente que me axudou a que isto fose posible. Grazas á Biblioteca A3P do IES David Buján da que aprendemos e coa que medramos. Estendo tamén o meu agradecemento á Biblioteca Central Rialeda do Concello de Oleiros pola súa colaboración, asesoramento e confianza e como non, grazas á Asesoría de bibliotecas escolares de Galicia, profesional cun nivel altísimo, non só de competencia, senón tamén de facerme chegar a súa sabedoría en todas as accións que desenvolven. 

    En Galicia, as bibliotecas escolares somos moi afortunadas; nos encontros do PLAMBE, atopei quiñentas vinte e catro bibliotecas compañeiras de camiño que me ilustraron e me cegaron cos seus proxectos, actividades, percorridos…Grazas aos meus asesores do CFR, Ascen e Xabier que non pararon de animarme e mesmo empuxarme para acadar os meus obxectivos, grazas aos dous polo seu acompañamento. Grazas tamén ás cuantías económicas do PLAMBE, que aproveitei ben para mellorar e para embelecer e facer agradable o meu espazo. 
Sabedes que estou a vosa disposición para calquera cousa que necesitedes, non deixedes de ler no verán, mirade o meu blog http://bibliotecaiesmiraflores.blogspot.com.es/ e tamén o noso novo canal de YOU TUBE: https://www.youtube.com/channel/UCqJWq61ILE4pBoNqy3RP8dw 

Síntome esgotada pero moi feliz 

A Biblioteca Miraflores

Ningún comentario:

Publicar un comentario