luns, 28 de xullo de 2014

Triloxía de Rosa Aneiros


Ámote Leo A. destino xalundes, Ámote Leo A. Estación de tránsito e por último Ámote Leo A. Terminal de chegadas? é a triloxía narrativa presentada pola autora Rosa Aneiros e que vai dirixida especialmente á mocidade. 

A novela conta a historia dunha rapaza que, rematados os seus estudos universitarios e aforrados uns poucos de euros, programa dacordo cos amigos facer unha viaxe polo mundo durante seis meses. Estas intencións vense truncadas pois os amigos deciden non secundala e malia os reveses familiares que a podían facer desistir da viaxe soñada, a protagonista resolve levar a cabo os seus plans.


Rosa Aneiros
O primeiro libro funciona como a presentación do corpo narrativo, o adverbio xalundes amosa a intención dunha narración que ao noso entender queda en numerosas enumeracións dos lugares que hai que ver e das lecturas que a acompañan. A protagonista non fai unha viaxe persoal e propia senón que realiza unha viaxe tópica de lugares comúns e de citas e obras literarias moi previsibles. Isto mantense ao longo de toda a triloxía. Lisboa Pessoa, Praga Kafka e Kundera, Istambul Orhan Pamuk e claro está Sthendal e Florencia e un par de chiscadelas para dous autores galegos.

A continuación o segundo libro gaña en narración e interese tanto pola historia familiar coma pola presenza das pintadas descoñecidas, mais estas na terceira entrega Terminal de chegadas? vanse facendo moi previsibles e teñen xustificación un tanto rocambolesca.

                

Ningún comentario:

Publicar un comentario