domingo, 3 de agosto de 2014

Parecía un conto de fadas

O corazón da Branca de neve
Francisco Castro
@chamademesimbad

Caeu nas miñas mans de casualidade. O título prometía algo diferente, pero xa na primeira páxina me decatei de que era unha novela policial.

Durante 130 páxinas acompañamos ao inspector Hermida na súa investigación. O tema está de actualidade e o autor consegue que nos poñamos na pel das distintas partes que compoñen o caso, non para xustificalas, pero si para comprender as súas motivacións.

Acción, mafias, corrupción... Altamente recomendable.

Ningún comentario:

Publicar un comentario