xoves, 21 de agosto de 2014

Un dedo manchado de tinta

A segunda novela de Manuel Portas Un dedo manchado de tinta constitúe un bo exemplo da interesante narrativa contemporánea en lingua galega.

O autor a través dun narrador que devece por escribir e contar historias inda que iso non lle asegure realmente un futuro prometedor, argalla un relato de factura urbana e arriquecedora. 



O bus que transporta a Lavacolla a uns pasaxeiros anónimos que van coincidir na terminal de chegadas, achéganos un fato de personaxes, que o narrador vai caracterizando a través da súa apariencia, do seu xeito de estar e vestir e dos que chegamos a ver en  todas as súas formas de ser, virtudes e defectos que engaiolan ao lector pola variedade e diversidade tanto de personalidade coma das historias que relata. 
O cruce de camiños de todos eles, tendo como espazo vital Santiago de Compostela aporta unha novela dinámica e ben resolta onde o final non deixa de sorprender, mesmo con narrador personaxe de reflexións unamunianas.

Novela adulta, madura e moi recomendable.


Ningún comentario:

Publicar un comentario