mércores, 24 de setembro de 2014

El hombre de la flor


A partir do tópico "unha imaxe vale máis ca mil palabras", o ilustrador Mark Ludy presenta un libro rompedor. Todas as páxinas son imaxes, fermosos cadros que se transforman en narración onde o lector, a lectora ou o relator van contando a historia. 
A color, as caras dos personaxes, as rúas ateigadas de vida, pois hai de todo en cada ilustración e así  sen  querer imos así pasando a historia e a vida mesma. O protagonista é un descoñecido que leva unha flor, que se instala na cidade e  é quen de poñer esperanza e luz na vida de todos os seus veciños.






Ningún comentario:

Publicar un comentario