martes, 4 de noviembre de 2014

Contos de defuntos e outros asuntos

Este martes, 4 de novembro, iniciámolo coas actividades programadas para este mes, pois a tradición mantén que este é un bo momento para dedicarllo á literatura de mortos, aparecidos, Santa Compaña, epitafios e todo aquilo que poida ocorrer e acontecer no Alén e que tanto gusta ou estarrece segundo teñamos o ánimo.
A arañeira reina na porta
 Comezamos coa debida ambientación da biblioteca e na que moitos dos nosos colaboradores van deixando a súa pegada.


Ademais hoxe no salón de actos do centro, contamos coa presenza da compañía Brais das Hortas, que nos recreou as lendas, contos e historias tradicionais arredor deste tema e este era o seu título.
Contos de defuntos e outros asuntos.

Seguindo a actuación de Brais das Hortas

Versións novas e creativas sobre a Santa Compaña.

Escoitade ben: hai defuntos que entran no corpo doutras persoas porque estas posúen o corpo aberto e o defunto, daquela, aproveita.

No hay comentarios:

Publicar un comentario