mércores, 19 de novembro de 2014

"Príncipe de Asturias de las Letras" ao irlandés John Banville




Max Morden marcha a unha vila costeira na que veraneou cos seus pais na infancia. O pasado convértese no seu acobillo fronte ás dolorosas lembranzas de cando vivía con Anna, a esposa xa falecida.

Na súa casa de veraneo repasa e mestura fragmentos da súa vida, a adolescencia, a vida coa muller, a relación coa filla, os momentos polos que está pasando no presente. Rememora, en definitiva, o descubrimento da amizade, do amor pero tamén da dor.

A novela vén sendo a meditación sobre a perda dos seres queridos, a pasaxe necesaria do duelo, a ollada cara as lembranzas do pasado que van ser bálsamo para superar as dores do presente.

Esta obra gañou os premios Man Booker no ano 2005 ou o Irish Book no 2006.

Ningún comentario:

Publicar un comentario