venres, 19 de decembro de 2014

Actividades de decembro

Ás actividades do mes de decembro fomos poñéndolle o ramo durante esta semana.
Escola en Paquistán, nenos e nenas xuntos 
 Así a literatura fíxose presente coa exposición dedicada a Charles Dickens e a través dela puxemos a nosa atención nos Dereitos Humanos, na denuncia do traballo infantil, no dereito a educación. É por iso que desde este noso e cativo espazo, amosamos a nosa solidariedade con todos os nenos do mundo e hoxe especialmente cos mozos e mozas de Paquistán.

Ante o horror de tan malas novas ,todos estes temas tiveron a súa amplitude coa conferencia de Victor Omgbá, camerunés, galego e coruñés que gañou o corazón de todo o alumnado de 3º ESO cando nos fixo ver na actualidade como andan de saúde os Dereitos Humanos. 
Víctor Ombgá

 O problema da inmigración, as separacións das familias, os desarraigos culturais e afectivos. Víctor Omgbá amosou a grandeza e nobreza do voluntariado para que toda a comunidade se esforce e una a prol dos dereitos de todas as persoas sen atender a razóns de raza, relixión, condición sexual.
Outra tarefa rematada foi a protagonizada polo alumnado de 2º bacharelato que recolleu xoguetes coa finalidade de facerllos chegar á Cáritas e así poder distribuir sorrisos entre os nenos coruñeses.







Os xoguetes depositados na sede de Cáritas

Os xoguetes depositados na sede de Cáritas

Ningún comentario:

Publicar un comentario