martes, 2 de decembro de 2014

Actividades do mes de decembro

Neste mes de decembro, desde a biblioteca faremos homenaxe e lembranza dunha figura inesquecible da literatura  en expresión inglesa, Charles Dickens.
O escritor acadou gran sona e recoñecemento. Foi persoa libre e comprometida coa sociedade do seu tempo e por todo iso é hoxe merecidamente actual e universal.

 Con As aventuras de Oliver Twist publicada por entregas, é dicir, na prensa da época, entre 1837/38, acada un enorme éxito que se mantén ata hoxe. Inda que a trama da obra é  convencional porque os malos son castigados severamente e os bos triunfan, sen embargo a temática social de  denuncia, a delincuencia e as descricións dos arrabaldos londinenses son abondos para amosar traxedia, drama e lirismo nunha interesante novela que forneceu de fermosos guións películas para todos nós inesquecibles.
Velaquí carteis de famosas películas que se basearon na novela de Dickens e que crearon diferentes intérpretes, directores e guionistas.






Ningún comentario:

Publicar un comentario