xoves, 29 de xaneiro de 2015

Actividades de xaneiro: Celebremos a paz


O día 30 de xaneiro é o Día Internacional dedicado á Paz. A nosa biblioteca escolleu a figura e a persoa de Malala para conmemoralo.
Malala é unha rapaza adolescente que nun ambiente hostil, descobre os valores da educación para a igualdade entre todas as persoas. 
A educación prepara para a paz porque a educación dialoga, prepara para a paz porque distribúe os talentos e a creatividade, prepara para a paz porque realiza a xustiza, prepara para a paz porque atende á igualdade de oportunidades, prepara para a paz porque é tolerante e non fai distinción das persoas nin por razón de sexo, raza ou relixión. A educación é o mellor instrumento para a paz. Malala recolle todos estes valores e desde a súa adolescencia e condición de muller nova dá unha lección ao mundo.               



Preparamos marcapáxinas para distribuír entre os usuarios da biblioteca.
Á entrada da biblioteca
Portadas do libro de Malala, que podes solicitar na biblioteca


Ningún comentario:

Publicar un comentario