mércores, 28 de xaneiro de 2015

El barco de los niños por Mario Vargas Llosa

O escritor Alessandro Baricco dirixe a colección Save the Story,  orientada cara o público xuvenil e que pretende dar a coñecer  clásicos da literatura universal.  Nesta colección participan importantes autores da literatura como Umberto Eco, Andrea Camilleri, Yiyun Li e outros. 

El barco de los niños, que edita Alfaguara, ten como autor o Premio Nobel de Literatura, Mario Vargas Llosa. Este relato coas ilustracións de Zuzann Celej,  inspírase no libro de La Cruzada de los Niños de Marcel Schwob,  É esta unha novela lendaria e histórica que narra a extraordinaria marcha de miles de adolescentes que en 1212 cruzan Europa para chegar a Terra Santa. A morte, a fame, a enfermidade e a escravitude van ser tristemente o seu final. 



Ningún comentario:

Publicar un comentario