martes, 3 de febrero de 2015

Clásicos e novelas gráficas


Desde hai tempo editores, profesores e ilustradores tentan de poñer en marcha o coñecemeto dos grandes clásicos a través de novos soportes que sexan capaces de engaiolar e atraer a todos os públicos á riqueza da literatura e da cultura universal. 
 Graphiclassic pon nas nosas mans esta interesante realidade e ofrece títulos como Moby Dick ou La isla del tesoro  para amosarnos a súa influencia en tantos escritores, a súa presenza no cine e a súa riqueza plástica a través dos ilustradores.
En La isla del tesoro de  Graphiclassic interveñen Rosa Montero, Vargas Llosa, Javier Marías, A. Tabucci e ilustradores como Fernando Vicente, David Pintor e Darío García. E anúnciase ademais o seguinte título da colección que está dedicado a Jules Verne.




No hay comentarios:

Publicar un comentario