domingo, 15 de marzo de 2015

El lenguaje de la flores

El lenguaje de las flores, de Vanessa Diffenbaugh  
Edit. Salamandra

A protagonista é unha moza de 18 anos que pasou a súa vida entrando e saíndo de casas de acollida e de pisos tutelados, unha veces por culpa da súa forma de ser e outras pola falta de humanidade dalgunha das familias. Por estas causas converteuse nunha moza introvertida e arisca, unha persoa con moitas carencias afectivas, que o único que a libera, e onde se sente ben, é na súa relación coas plantas e coas flores. Está a punto de ser expulsada do último piso tutelado e narra as súas aventuras pasando de ser practicamente unha vagabunda, a traballar nunha floristería e despois montar o seu propio negocio. 
Ten a cualidade de que coñece a linguaxe das flores e que, ademais, producirá ese efecto nas persoas que reciban eses ramos, en función das flores que os compoñan. Isto fará que a clientela solicite que ela faga os ramos. Vemos unha moza marcada por unha dura historia persoal e como atopa nesta linguaxe un medio para confiar e amar aos seus semellantes.
Esta linguaxe está inspirada no código que a sociedade victoriana inglesa utilizaba para expresar sentimentos por medio das flores, que doutra maneira non se poderían dicir nesa época, e tamén na obra “Le Langage des Fleurs”, de Charlotte de Latour, un compendio da simboloxía das flores que a súa autora recolleu da poesía e a mitoloxía antigas e incluso da medicina

Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.

Ningún comentario:

Publicar un comentario