luns, 23 de marzo de 2015

Futuro Imperfecto

Hoxe realizouse un encontro entre a autora de Futuro Imperfecto e alumnado de 1º bacharelato que viña de ler o seu libro.
Mary Luz Corral, biliotecaria do concello, presenta a Xulia Alonso
Xulia Alonso falou desde a autenticidade do vivido. A novela realista á hora de contar a traxectoria  arredor da droga e de todas as consecuencias convértese ao mesmo tempo nun canto á vida e ao amor. O amor pola vida, pola familia, pola parella, o amor da amizade que son as únicas medicinas capaces de sandar todas as feridas polas decisións que tomamos. A novela vén sendo unha baixada ao inferno e tamén amosa a grandeza de volver empezar a vivir de novo, saboreando a liberdade de decidir sen o xugo da adicción.
Velaquí as fotos do encontro.


O autógrafo

Subida ao estrado para as fotos de grupo.



Algunha pregunta máis xa para rematar

Ningún comentario:

Publicar un comentario