martes, 10 de marzo de 2015

Gonzalo Moure en Moito Conto

A librería coruñesa Moito Conto celebra un encontro co escritor Gonzalo Moure 

Portada do derradeiro libro publicado


A librería Moito Conto. R/ San Andrés 3
A presenza do escritor na nosa cidade propiciará a ocasión de ter un encontro co premiado autor quen en cada obra aborda con exquisita sensibilidade problemas de tipo social así coma a relación entre pais e adolescentes.

Comprometido nas súas labores de cooperación, especialmente coa situación do Sáhara Occidental, define a súa actividade como “ESCRIVIVIR”.

Falaremos do seu novo libro FANGO, e das súas experiencias vitais que lle axudan a escribir obras con tanta beleza. GONZALO MOURE conmóvenos en cada novo libro.

Ningún comentario:

Publicar un comentario