venres, 20 de marzo de 2015

Poetas e pintores


Non era tarde, non, era moi cedo,
era moi cedo e era madrugada
de outono temperán, e era xeada
no corazón, e dor e angustia e medo,

e era ficar en negro sitio acedo,
e era pensar que queda pouco ou nada,
e era o marchar coa tarde só mediada,
cando o sol inda tangue no avesado.

¿Por que non dura un home toda a vida?
¿Por que a vida é tronzada e non cumprida?
¿Por que se apaga se inda hai leña o lume?

¿Por que abandona a casa súa un home,
e a casa queda, e del só queda un nome
e unha memoria que é sombra e fume?

Poeta: Darío Xohán Cabana
Pintor: Urbano Lugrís

Ningún comentario:

Publicar un comentario