luns, 13 de abril de 2015




"La delicadeza" de David Foenkinos en Seix Barral.
Novela que nos presenta a Nathalie, unha moza fermosa e discreta, felizmente casada con François. Levan unha vida feliz, pero, un día, el sae a correr e é atropelado. Pouco despois morre. Por esta causa, ela céntrase no seu traballo, dedícalle todas as súas horas. Pero cando menos o espera, volve a namorarse...
O autor fai referencias a distintos autores e obras clásicas (Bella del señor de Albert Cohen, Rayuela de Cortazar, El amante de Marguerite Duras, La separación de Dan Franck, etc).
É unha fermosa historia, que nos fala de emocións e sentimentos, de non perder nunca a esperanza, de que volver a sorrir é posible, de que hai que aproveitar eses pequenos momentos que moitas veces nos ofrece a vida. É un canto á vida é á esperanza.
Foi galardoada con dez premios (o Premio dos Lectores de Télégramme, Premio An Avel, etc.) e quedou finalista dos grandes premios literarios franceses (Goncourt, Renaudot, Médicis, Fémina, Interallié…Tamén levada ao cine, a película está dirixida polo propio autor e por seu irmán Stéphane. 
Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido enRadioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.

Ningún comentario:

Publicar un comentario