lunes, 11 de mayo de 2015

Acróstico en Afonso X, o rei sabio

Eno nome de Maria
cinque letras, no-mais, i á.
M mostra MADR' e MAYOR
e mais MANSA e mui MELLOR
de quant' al fez Nostro Sennor
nen que fazer poderia.
Eno nome de Maria

cinque letras, no-mais, i á.
A demostra AVOGADA,
APOSTA e AORADA,
e AMIGA e AMADA
da mui santa conpannia.
Eno nome de Maria
cinque letras, no-mais, i á.
R mostra RAM' e RAIZ,
e REINN' e Emperadriz,
ROSA do mundo; e ffiz
quena visse ben seria.
Eno nome de Maria
cinque letras, no-mais, i á.
I nos mostra JHESU-CRISTO,
JUSTO JUIZ, e por isto
foi por ela de nos visto,
segun disso Isaía.
Eno nome de Maria
cinque letras, no-mais, i á.
A ar diz que AVEREMOS
e que tod' ACABAREMOS
aquelo que nos queremos
de Deus, pois ela nos guia.
Eno nome de Maria
cinque letras, no-mais, i á.
Velaquí un dos primeiros textos ludolingüísticos da literatura galega: «Eno nome de María», a peza número 70 das Cantigas de Santa María. Cada unha das cinco cobras que a forman está ligada a unha letra do nome da Virxe, formando un acróstico. E nalgúns dos seus versos mesmo aparece o tautogramaao dominar neles unha mesma letra inicial (M mostra MADR' e MAYOR / e mais MANSA e mui MELLOR). Unha cantiga que pretende transmitir o significado transcendente que agocha cada letra de «María» (madremansaavogadaamigaamadareinnarosa...).

As Cantigas de Santa María, obra mestra da nosa literatura medieval, foron compostas baixo a dirección do rei Afonso X e os expertos sosteñen que, posiblemente, boa parte delas contaron coa súa participación directa. Se cadra, esta tamén. Poderiamos daquela renovar o alcume do rei Sabio para convertelo en... Afonso X, o Ludolingüista.

No hay comentarios:

Publicar un comentario