venres, 1 de maio de 2015

Cantamos o Maio?


O Maio celébrase en toda Galicia con diversos ritos onde a música, as coplas e a danza están presentes. Existen diversas formas de celebración tradicional que está vencellada ao campo, a súa fartura, fertilidade e renovación da vida e así pasa á literatura e ao noso imaxinario cultural.
 Hoxe en día a festa segue viva en Pontevedra e Ourense onde nenos e nenas cubertos de ramallos e flores desfilan cantando coplas ao maio florido e luminoso. Ás veces o maio é unha armazón ben adornada de flores e espléndido verdor e arredor del cántase e baile. Outras na véspera do primeiro día de maio en lugares preto de Noia facíase unha enorme lareira de leña arredor da cal se bailaba e cantaba pedindo unha boa colleita.
O refraneiro arredor de maio amosa as moitas facianas que o mes representa para o campo tradicional e para o clima do mesmo. Are quen arou, que maio xa pasou. Auga en maio, pan todo o ano. Maio fai o trigo e agosto o viño.

Ningún comentario:

Publicar un comentario