luns, 18 de maio de 2015

O abecedario



O A abre un agasallo,
 o B é bolboretiña,
 o C colle unha cenoria, 
o D dálla a unha doniña, 
o E esperta os esquíos, 
o F vai nunha folla, 
o G garda das galiñas
 e o H xa está na horta.
 Co I miañan os gatos, 
o L lavou as lentellas, 
co M imos medrando,
 co N nenos e nenas. 
O Ñ ten unha miñoca,
 o O olla o ollomol, 
co P os paxaros rin,
 co Q do quiquiriquí. 
O R díxolle á raposa que tiña o S na Saia,
 o T tentou achegarse,
 o U xa se uliscaba
 entón o V da vasoira voou ata X da xesta 
e co Z deste zume fixeron sopa de letras.

A canción "O abecedario", con letra e música de Magín Blanco, é para aprender o abecedario galego bailando e cantando.
Realizado por: Brian Rodríguez.

Ningún comentario:

Publicar un comentario