miércoles, 13 de mayo de 2015

Preparando as Letras Galegas


O mes de maio alumea a nova vida e esperta todos os corazóns e isto tamén agroma na literatura pois  ela recolle a tarefa creativa das mellores cabezas do país e o pobo transmite xeración tras xeración o aprendido para que non se nos esqueza. Así celebramos “os maios” con feitos e xeitos diferentes aos dos nosos devanceiros, celebramos os símbolos e paisaxes que arredor do mes de maio enchen a nosa literatura grazas aos nosos escritores e por último celebramos as Letras Galegas personificadas na figura escollida pola RAG e que no seu sentir merece a homenaxe de toda a cidadanía galega por mor do seu esforzo e do herdo que nos lega para coñecermos e amarmos moito mellor a nosa cultura.
Para este día do 17 de maio que na realidade contaxia todo o mes, imos celebrar a sabedoría e erudición de José Filgueira Valverde. Non se trata dunha figura popular ou moi coñecida na sociedade galega, mais el representa o persoeiro dedicado con todo o seu afán ao estudo da nosa cultura. A súa pescuda erudita acada a lingua, a literatura sobre todo a Idade Media e os trobadores, o patrimonio arquitectónico de noso e o patrimonio inmaterial que soubo salvagardar no fermoso Museo de Pontevedra do que hoxe disfrutamos.

No hay comentarios:

Publicar un comentario