xoves, 21 de maio de 2015

Roteiro Cultural 2015



O mércores día 20 e xoves 21 presentamos o xa tradicional roteiro de Oleiros grazas ao apoio da Biblioteca Municipal do Concello, de NL do mesmo e do traballo do alumnado de 1º de bacharelato do IES Miraflores, baixo a coordinación e supervisión dos departamentos de CCSS e de Lingua Galega e Literatura.

O traxecto do roteiro transcorreu por Lamastelle para ver o lugar onde viviu e veraneou Fernando Álvarez de Sotomayor, pola parroquia de Nós para coñecer Villa Isabel, a casa de José Luis Bugallal Marchesi e finalmente por Montrove onde se atopa O Pazo do Río, lugar de descanso para o político Santiago Casares Quiroga.

Pedro, Ángela, Olalla, Roberto, Andrea e Xavi presentaron 



Seis foron os alumnos e alumnas que explicaron aos seus compañeiros tanto de Secundaria coma de Primaria, as características biográficas e de interese para coñecer a tres importantes persoeiros que deixaron pegada no noso concello e dos que gardamos e honramos a súa memoria.

Na finca de Lamastelle

Na carpa ao carón do Pazo do Río
En Lamastelle 

Preparados para escoitar en homenaxe a Casares Quiroga

Eduardo Coma (violín)  e Francisco Rosa 

En Nós, diante de Villa Isabel



Ningún comentario:

Publicar un comentario