xoves, 4 de xuño de 2015

A neve interminable

A neve interminable de Agustín Fernández Paz


Unha magnífica novela xuvenil na que o misterio é a temática principal. 


A historia acontece nun hostal da Fonsagrada, durante o inverno. Un equipo de guionistas recibe a encarga de escribir os guións dunha serie de televisión. Para concentrarse no traballo, acordan recluírse nese hostal solitario. Ao terceiro día de estar alí, comeza a nevar. Unha nevarada que semella non rematar nunca, que interrompe as comunicacións e o fluído eléctrico, e que os deixa illados do mundo. Segundo van escribindo poderemos coñecer o extraordinario relato de Miro “A casa azul”, o excelente de Irene “Herdanza de sangue”, o angustioso de Diego “A néboa da vinganza” ou o azaroso de Ruth “Un incidente no internado”. A situación climatolóxica empeorará e pouco a pouco irán descubrindo cousas que os fará sospeitar que algo raro está pasando e un tremendo medo comeza a penetrar nas súas vidas.

Unha novela de intriga e medo, cun final diferente e inesperado.
(Recomendado por Bibloleiros)

Ningún comentario:

Publicar un comentario