sábado, 27 de xuño de 2015

Lectura para o verán: Hombres buenos de Arturo Pérez Reverte


A finais do século XVIII, dous membros da Real Academia Española viaxan a París para mercar a Encyclopédie que estaba prohibida en España, pero unha serie de intrigas de persoas que non queren que esta obra chegue a España, converterán esta viaxe nunha auténtica aventura chea de sobresaltos.

Ao longo da obra o autor mestura ficción e historia, invención e datos verídicos. Segundo nos vai presentando o relato, tamén nos vai explicando como se documentou: que obras e mapas utilizou, a onde viaxou para coñecer de cerca os distintos lugares, quen o informou, etc. Neste aspecto tamén hai que aclarar que algunhas das fontes documentais que di que consultou son tamén ficticias.


Pérez Reverte 
Pérez-Reverte sabe que na biblioteca da Real Academia Española existe unha colección completa da Encyclopédie. A partir deses datos históricos, o autor constrúe esta novela como unha homenaxe á institución da que é membro, pero tamén ao racionalismo e á Ilustración.
Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido enRadioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.

Ningún comentario:

Publicar un comentario