mércores, 24 de xuño de 2015

Noite de San Xoán

Vinte unha clara noite
noitiña de San Xoán
poñendo as frescas herbas
a noite a serenar.

E tan bonita estabas,
cal rosa no rosal,
que de orballiño fresco
toda cuberta está.

Por iso, namorado,
con manso suspirar
os meus amantes brazos
boteiche polo van,
e ti con doces ollos
e máis doce falar,
meiguiña, me embaucastes
en prácido solás.

As estrelliñas todas
que aló no espaso están,
sorrindo nos miraban
con soave craridá.

(Cantares Gallegos, Rosalía Castro)

Ningún comentario:

Publicar un comentario