miércoles, 10 de junio de 2015

Roteiro de Moita Letra

O luns, 8 de xuño, o club de lectura de 3º ESO da biblioteca do IES Miraflores realizou un percorrido pola parroquia de Santa Eulalia de Liáns, do noso concello. Tratábase de ambientar e configurar os posibles espazos e ambientes presentes na novela Marxinados de Pepe Carballude e que viña de ser lida polo club, neste derradeiro trimestre.
Na praia á procura de cunchas cos nomes dos protagonistas 


Este foi o percorrido: Praia de Naval, Castelo de Santa Cruz, Centro de Menores Lar A Mercé, Panadería e IES María Casares e por último Santa Eulalia de Liáns, igrexa e cemiterio. Cumpriuse o horario previsto desde as 9:20h ás 14h.
Un descanso ante o Castelo de Santa Cruz
Percorrido polo interior do Castelo, CEIDA
A profesora Concepción Castro presenta o escritor Pepe Carballude

O director do Lar A Mercé presenta o centro


Breve coloquio e preguntas no Lar A Mercé
Percorrido polas instalacións do Lar A Mercé
Diante do IES María Casares
Ante a panadería en Sta. Cruz

Treito entre o Centro de Menores e chegada ao cantil
Lemos e ambientamos a escena da novela en Liáns
No adro de Liáns.




Seguindo lectura e percorrido

No hay comentarios:

Publicar un comentario