venres, 24 de xullo de 2015

Esperando al Rey por José María Pérez González, 'Peridis'


Estamos ante unha novela histórica de fácil e pracenteira lectura.

José Luis Pérez , Peridis, ambienta a novela, galardoada co Premio de Novela Histórica Alfonso X el Sabio 2014 , nun espazo e nun tempo que coñece a perfección e que como sabemos todos os que seguimos a traxectoria vital de Peridis, se trata da Idade Media e do Románico. 

Así o escritor que se move con seguridade traslada á novela a súa querencia pola arte románica e os tempos convulsos da nosa historia hispana.

Aparecen daquela diante do lector os grandes señores e reis enfrontados polos territorios e as loitas dinásticas, Afonso VII, Fernando II, Sancho VIII. Presentes están tamén a nobreza hispana onde se salienta o gran rol desempeñado polos señores de Traba. O papel das mulleres principais, minusvaloradas malia a súa gran intelixencia como dona Urraca ou dona Teresa. O mecenado desta nobreza para a construción das fermosas abadías e catedrais para a salvación da súa alma, e para gardar a súa memoria. O protagonismo da relixión na sociedade medieval co Camiño de Santiago como vía vital de cultura e coñecementos europeos e igualmentre a emotiva homenaxe para canteiros e mestres da pedra entre os que o autor destaca o admirado e admirable mestre Mateo.

A lectura faise áxil e amena e vaise entrefebrando con historias amorosas para uns protagonistas nos que a razón de Estado impide, a miúdo, facer triunfar o verdadeiro amor.

Ningún comentario:

Publicar un comentario