martes, 7 de xullo de 2015

Lectura para o verán: La fuente de la edad de Luis Mateo Díez


Luis Mateo Díez
 Esta magnífica obra, que cando se publicou supuxo a consagración do seu autor, recibiu o Premio Nacional de Literatura e o Premio da Crítica e está considerada como un clásico da literatura española.
Son os anos cincuenta nunha cidade de provincias e os integrantes dunha peculiarconfraría (máis encamiñada aos fastos do corpo que da alma) inician nunha noite unha disparatada aventura: a busca da mítica fonte que proporciona a eterna mocidade.
Esta aventura será como unha vía de escape do mundo que os rodea a outro máis imaxinativo e fantástico que os fará máis felices e máis libres. Os confrades son un grupo de amigos (todos homes, excepto unha muller) que senten admiración pola obra dun presbítero chamado José Mª Lumajo e que, segundo eles, sabía onde se localizaba esa fonte.
A obra está dividida en tres partes: na primeira, que transcorre na cidade, é a busca da documentación; a segunda acontece no entorno natural da Omañona e narra as peripecias da expedición buscando o mencionado manancial; e a terceira é a vinganza.
Unha novela moi divertida que parte do humor e da tradición literaria española, unha historia imaxinativa que cativa e entretén e que recomendamos a súa lectura.


Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.

Ningún comentario:

Publicar un comentario