xoves, 9 de xullo de 2015

O que lle aconteceu a Barnaby Brocket


John Boyne, autor coñecido pola celebrada novela O neno do pixama a raias, amosa igualmente en O que lle aconteceu a Barnaby Broccket unha ollada orixinal, diferente e moi interesante.
               O autor propón facer o enfoque cara á diversidade. A familia de BB parte do principio de que na súa casa e na súa vida todo transcorra con normalidade. E isto trasládase igualmente ás persoas pois o razoable e lóxico é ser normal, calquera diferenza ou variedade no noso ser e discorrer é rexeitable pois se trata dunha anomalía.
               O protagonista vai ser o membro diferente nesta familia do máis normal e vai ser criado nun continuo rexeitamento dadas as súas peculiaridades e tanto é así que acaba sendo abandonado polos propios pais que ademais menten aos irmáns sobre a súa desaparición.

               No seu percorrido polo mundo tanto terreste coma polo espazo, BB  vainos descubrindo que en realidade todos somos diferentes e diversos. O máis normal do mundo é sermos diferentes e isto vaino contando a través de tenros, idealistas e interesantes personaxes cos que se vai atopando ao longo do seu periplo. Mais o protagonista quere volver a casa e escribe postais a súa familia, que seus pais acochan e non mostran a seus irmáns. A través deste fío tamén imos comprendendo como os adultos pais ou non, son egoístas e manipuladores. E aparecen daquela  interesantes reflexión sobre o papel da familia, as rupturas familiares,  a aceptación que soamente chega polo triunfo e fama daquel ser que desbotamos  por non ser como queriamos…  Non contamos máis por non desvelar esta historia que paga a pena ler.

               A novela está enriquecida con alusións literarias e de grandes autores como Jane Eyre,  Dickens, Verne, Conan Doyle… ou do cine. A tradución de Carlos Acevedo é excelente e a edición da Narrativa K que sempre aposta por interesantes e actuais libros

Ningún comentario:

Publicar un comentario