sábado, 22 de agosto de 2015

O poder de Amabel


O poder de Amabel é unha divertida e fermosa historia arredor da familia, os seus diferentes conflitos e os valores de amor, fraternidade e solidariedade que nela se acochan.

A protagonista, Amabel, vai ir descubrindo cales son os poderes máxicos ou incribles que amosan os diferentes membros da súa familia. A mamá, traballadora nunha conserveira, o papá que queda no paro, seu irmán que malia ser listísimo suspende, a avoa que con diferentes doenzas tamén vive con eles e así unha vez descubertos os poderes alleos, vaise poñer a buscar o seu. O seu amigo Braulio vaina axudar e nesta procura van pasar diferentes trasnadas que nos van levar á verdadeira fonte dos poderes de todos eles.
Historia creativa, optimista e inzada de imaxinación e que nos atrapa coa súa enorme alegría.
A autora é Érica Esmorís que vén de ser galadoada co Premio Merlín 2014 de Literatura Infantil da editorial Xerais, coa obra Nena e o mar que vai saír neste próximo novembro.

Ningún comentario:

Publicar un comentario