luns, 21 de setembro de 2015

Delourando os días

Non estaban pola novela os destemidos promotores de Axóuxere -o xove e brioso selo rianxeiro de Araño, máis proclive ás cousas do pensamento contemporáneo-, pero finalmente caeron na tentación da man do doutor en Filosofía José Lorenzo Tomé (Guitiriz, 1954). 
José Lorenzo Tomé.
Colección Calíope.
 Axóuxere Editora. 317 páginas
O narrador e ensaísta entrega Delourando os días, a súa segunda novela e un título que dá continuidade á colección Calíope que inaugurou hai xa un ano Lapsus, unha peza dramática de Alfonso Pexegueiro.
 Dicíase non gratuitamente e hai unha liñas que o autor [José Lorenzo Tomé] é doutor en Filosofía, porque hai moito deste universo reflexivo [interior] en Delourando os días, un relato que profunda na vivencia dunha xeración en Galicia que tivo que reinventarse emocional e intelectualmente nos anos finais do franquismo e na eclosión da transición democrática.
A novela serve como análise sosegado dun pasado recente [alcanza incluso ata a catástrofe do Prestige] pouco visitado pola narrativa en galego. Os abundantes diálogos, os referentes culturais e políticos compartidos e o xogo coa literatura epistolar fai que a lectura viaxe moi lixeira.
H.J.P. en La voz de Galicia, 20 de setembro de 2015.


Ningún comentario:

Publicar un comentario