viernes, 16 de octubre de 2015

Comezan os clubs de lectura

Hoxe botou andar no primeiro recreo o club de lectura que se orienta cara a ciencia.  Leva por título Lectura de prensa. Novas sobre ciencia e a profesora responsable, Dna. Mª Elena López Prada.


 



O club pretende animar á lectura divulgativa que sobre a ciencia se atopa na prensa e da que a miúdo non caemos na conta. Non se trata soamente de ler as novas que adoitan ser máis valoradas coma un premio Nobel ou galardóns moi celebrados. Os lectores e lectoras deste club van descubrir como nos acontecementos e feitos da vida común se atopan elementos científicos que facilitan a vida das persoas.
Neste primeiro día de descuberta elaborouse un panel de novas, descubriuse un novo vocabulario e reflexionouse sobre aspectos do propio xornal, que eran descoñecidos.
 

No hay comentarios:

Publicar un comentario