mércores, 30 de decembro de 2015

Homenaxe ao escritor Xosé Neira Vilas


O día 3 de novembro o escritor Xosé Neira Vilas festexaba o seu aniversario. Desde o IESP  Neira Vilas en Perillo, enviouse un vídeo-agasallo no que o profesorado, alumnado e persoal do centro asumía a personalidade do escritor partindo da célebre frase coa que comeza “Memorias dun neno labrego”. O que ía ser un agasallo converteuse o día 27 nunha homenaxe a súa vida e obra.
Sumámonos a esta homenaxe ao escritor e amosamos o noso  agradecemento ao IES Neira Vilas e dámoslle os nosos parabéns por este fermoso e sentido vídeo.
http://iesneiravilas.es/

Ningún comentario:

Publicar un comentario