domingo, 22 de maio de 2016

A poeta Ana Mª Fernández le e comenta o seu libro na biblioteca

Premio Lazarillo, 2001 




O 18 de maio celebrouse na biblioteca unha especial lectura e comentario do libro de poesía "Páxinas de carricanta". O alumnado de 1º ESO, que xa o coñecía , tivo a oportunidade de conversar, preguntar e escoitar o que do mesmo sentía e revelaba a propia autora: Ana Mª Fernández. 
A poeta leu algún dos seus poemas e animou a escribir e a ler para podermos expresar as diferentes sensibilidades que se agochan en nós e ás veces descoñecemos.

Agardando o comezo co encontro da escritora

Velaquí algúns títulos  da autora:
Alumnas de 1º ESO solicitando autógrafo
  • Zapatón e Libiripón, 1977 (teatro infantil)
  • Primeiro libro con Malola, 1985 (narrativa infantil, con Xoán Babarro. Premio Barco de Vapor)
  • Tres países encantados, 1986 (narrativa infantil, con Xoán Babarro)
  • O pirata da Illa de Prata, 1987 (novela infantil)
  • ¡Grande invento para saír do aburrimento!, 1987 (teatro infantil)
  • Barrigaverde e o dragón Achís, 1989 (novela infatil, con Xoán Babarro)
  • Polas rúas dos versos, 1990 (poemario infantil)
  • A chamada das tres raíñas, 1991 (narrativa infantil, con Xoán Babarro)
  • Ondas de verde e azul, 1994 (poemario infantil)
  • O cacarabicolé, 1997 (narrativa infantil)
  • Amar e outros verbos, 2001 (Premio Lazarillo)
  • Do A ao Z con Rosalía,2009.

Ningún comentario:

Publicar un comentario