xoves, 2 de xuño de 2016

Casa Museo de Manuel María

O luns día 30, os clubs de lectura do IES David Buján e IES Miraflores foron coñecer a casa e a contorna que tanta pegada deixaron na obra do poeta Manuel María, a quen tiveron a ocasión de ler, recitar e coñecer.
A celebración das Letras Galegas neste ano 2016 foi unha espléndida ocasión para coñecer un dos poetas importantes e máis interesantes da nosa literatura. O día acompañou e a beleza do río Miño, a carballeira, con tantas árbores cantadas polo poeta, a ermida de Santa Isabel e a fermosura da casa natal deron lugar a unhas sensacións pracenteiras e moi literarias.





O pasado 30 de maio fixemos un roteiro literario a partir da poesía de Manuel María. Nesta actividade colaboramos os clubs de lectura do IES David Buján de Cambre e do IES Miraflores de Oleiros.
                                   


 Foi a figura e a poesía de Manuel María, poeta lucense homenaxeado no Día das Letras Galegas, quen nos motivou para levalo a cabo. Durante os meses de abril e maio os alumnos leron unha parte da obra poética do autor, na que se aproximaron ao seu sincero sentido social, ao fondo respecto que amosa pola natureza e ao seu intenso amor cara aos seus. 









Os compoñentes dos clubs de lectura de ámbolos institutos coñecereron os espazos da terra natal do autor, Outeiro de Rei, que inspiraron os seus poemas: A casa museo Manuel María e a súa contorna (A carballeira, o muiño e a ermida de Santa Isabel, a ribeira do río Miño). E disfrutaron xuntos da lectura sonora dalgúns poemas de Terra Cha, Os soños na gaiola, As rúas do vento ceibe e Sonetos á casa de Hortas.

Ningún comentario:

Publicar un comentario