venres, 3 de xuño de 2016

Percorrido cultural polo concello

Un ano máis, e van catro, o alumnado de 1º bach do IES Miraflores pon en práctica unha das actividades máis interesantes.
En Dexo para lembrar a Idade Media 
 As bibliotecas municipais e o departamento de NL do concello promoven desde o seu comezo esta iniciativa. O alumnado primeiro busca a información da que se fornecen grazas ás bibliotecas, a continuación  diferentes grupos redactan os textos, e por último outros  ensaian a exposición oral dos mesmos. 
 Realizou a coordinación desde o IES, o departamento de LG, grazas ao traballo e supervisión da profesora Susana González e contouse asimesmo coa colaboración do departamento de Matemáticas, o profesor e xefe do departamento, Andrés Gabín.
A posta en práctica desde percorrido cultural polo concello de Oleiros tivo lugar o 1 de xuño, seguiu este itinerario a periodista Marta Villar, quen deixou constancia do mesmo no xornal La Opinión de A Coruña.



No Pazo de Lóngora cos cadros de Francisco LLoréns

No adro de Liáns para coñecer o trobador don Lopo de Liáns ou Lias



Na praza da Rabadeira con xogos matemáticos para recoñecer a figura de Barral Souto



Ningún comentario:

Publicar un comentario