xoves, 2 de xuño de 2016

Premio Mestre Mateo

O luns, día 23 de maio animouse a biblioteca coa presenza do Mestre Mateo.
Tres alumnos de 1º bach presentaron aos seus compañeiros quen era, quen foi e quen é Mestre Mateo. A continuación como se garda a súa memoria artística a través dos premios así denominados.
A continuación, David Saborido, o premiado, explicou o seu traballo, os tipos de animación que se crean e fan desde Galicia para rematar contando como realizara a súa obra "O terceiro porco"que acadou este importante premio.
Por último, a orientadora do centro, Marta Pena, explicou as saídas profesionais deste tipo de estudos artísticos. Ademais ao remate houbo moitas preguntas.
David Saborido coas personaxes da súa curta premiada
Mestre Mateo 



Ningún comentario:

Publicar un comentario