sábado, 26 de novembro de 2016

A CULTURA CLÁSICA TOMA O MUSEO DE BELAS ARTES


O día 22 de Novembro de 2016 o alumnado de Cultura clásica de 3º da ESO, acompañados polo noso profesor Diego Pardo, visitamos o museo de Belas Artes da Coruña. Puidemos contemplar lenzos barrocos de Rubens e o seu círculo coa mitoloxía como protagonista, como por exemplo : Cupido, Hércules, Aquiles, Ícaro e Dédalo mentres unha guía nos explicaba as diferentes interpretacións.
Tamén vimos as principais características da pintura barroca (as liñas diagonais, o claro-escuro, a teatralidade nos temas etc).
Por último, vimos un lenzo de Felipe "o bo", duque de Borgoña (1396-1467), quen instituíu a orde do Toisón de ouro. Vimos como este duque lucía a insgnia do toisón no retrato que se encontra no museo. Isto relaciónase coa mitoloxía, porque o vélaro de ouro é un trofeo do que se apropia o heroe Xasón no mito dos Argonautas. Na mitoloxía grega, o vélaro de ouro procedía do carneiro alado Krysomallos, fillo de Poseidón e Teófane. O actual rei de España vén de lle regalar a insignia á princesa de Asturias. En actos importantes, lucen esta insignia, o que demostra que a mitoloxía está presente no século XXI (Alumnado de Cultura clásica-3º-ESO).

Ningún comentario:

Publicar un comentario