martes, 29 de novembro de 2016

O martes 29 de novembro ás 15:30h, o alumnado de 1ºBACH asistiu á proxección da película  O lapis do carpinteiro, baseada na novela de Manuel Rivas e que narra a fermosa historia de amor en tempos de guerra entre Daniel da Barca e Marisa Mallo, baixo a atenta mirada de Herbal.




















A actividade estaba organizada polo departamento de Lingua Galega e polo Equipo de Dinamización Lingüística.

O alumnado leu ao longo do 1ºtrimestre a obra do escritor coruñés e co visionado do filme puido comprobar a sensibilidade , a tenrura  pero tamén o sentido crítico con que a soubo dirixir  dun xeito maxistral Antón Reixa.

Graciela Grande Veloso. Departamento de Ling. e Litera. Galega

Ningún comentario:

Publicar un comentario