luns, 7 de novembro de 2016

O voitre e a pomba

Ana Hermida e Santiago Fernández
O venres 4 de novembro, o alumnado de 1ºBACH do IES Miraflores, asistiu a unha representación teatral do grupo Lisístrata.
A actividade estaba organizada pola Deputación de A Coruña, a ANPA Miguel Hernández en colaboración co Equipo de Dinamización da Lingua Galega do IES Miraflores.












En “ O voitre e a pomba” Ana Hermida e Santiago Fernández poñen voz a unha serie de pasaxes que abordan o tema da violencia machista. Estampas impactantes, duras, á vez que conmovedoras...que se combinan maxistralmente con textos de Darío Fo, Marica Campo ou Rosalía de Castro.

    O espectador non permanece impasible ante dita posta en escena, na que se invita en todo momento á reflexión sobre unha lacra que a sociedade leva padecendo dende o principio da historia.
(Graciela Grande Veloso, ENL. IES Miraflores)
Antes da representación

Aplausos
Presentación e introdución 


O maltrato verbal ou psíquico




Ningún comentario:

Publicar un comentario