mércores, 18 de xaneiro de 2017

Teatro, paseo, arte e historia por Santiago de Compostela

O martes, 17 de xaneiro de 2017 o alumnado de 3º ESO foi de excursión a Compostela.
Ás 12h presenciaron no Salón Teatro na Rúa Nova, un divertido espectáculo-collage que fala en clave positiva da situación crítica que está vivir a lingua galega.  Pelos na lingua, (Talía Teatro)dirixido por Avelino González que vai destinado a todo o mundo, independentemente da súa posición respecto á lingua: aos galego falantes, aos que non o son, aos que queren selo pero non se atreven, aos que si queren selo e tomaron esa determinación, aos que non o falan porque non o saben falar ben, aos que lles dá igual que se fale ou non, aos que pensan que o galego debería ser a lingua universal, aos que pensan que debería ser o inglés a lingua universal, aos que cren que a maioría dos galegos falan castelán, aos que cren que a maioría dos galegos falan galego, a políticos, a mestres, a alumnos, a todos e a todas... Ao mundo enteiro, independentemente da súa lingua. Unha comedia que os fixo rir pero tamén reflexionar.
Despois de comer, visitaron o Museo do Pobo Galego e o Panteón de Galegos Ilustres.
E ás 18h xa estaban de volta no IES Miraflores
A actividade estaba organizada polo Departamento de Lingua Galega
Graciela Grande
 

















Ningún comentario:

Publicar un comentario