sábado, 4 de marzo de 2017

“A VAQUIÑA POLO QUE VALE”

Xa marcha do noso centro a exposición sobre a importancia das vacas en Galicia prestada polo CPI O Cruce de Cerceda. Tivemos dúas charlas relacionadas con ela. Unha delas foi dirixida ao alumnado de 1ºESO e tratou sobre a evolución do sector gandeiro en Galicia; a outra, titulada “A economía da vaca” estivo dirixida ao alumnado das materias de Economía de 1ºBach, ao de Fundamentos de administración e xestión de 2ºBach, e ao alumnado de Iniciación á actividade emprendedora e empresarial de 4ºESO. 
 Para o alumnado de 1ºESO, a veterinaria Pilar García preparou unha presentación na que comezou explicando como eran as explotacións gandeiras desde comezos de século ata a entrada no Mercado Común Europeo. Continuou falando de como os gandeiros se especializaran ben en produtores de carne, que é moi estimada fóra das nosas fronteiras, ben en produtores de leite. Estes foron os maioritarios, e tiveron que aumentar o tamaño das súas explotacións, mecanizalas e adquirir outras razas de vacas produtoras de leite, abandonando as tradicionais que servían para leite, cría e traballo. Por estes tres motivos os custos disparáronse.ara o alumnado de 1ºESO, a veterinaria Pilar García preparou unha presentación na que comezou explicando como eran as explotacións gandeiras desde comezos de século ata a entrada no Mercado Común Europeo. Continuou falando de como os gandeiros se especializaran ben en produtores de carne, que é moi estimada fóra das nosas fronteiras, ben en produtores de leite. Estes foron os maioritarios, e tiveron que aumentar o tamaño das súas explotacións, mecanizalas e adquirir outras razas de vacas produtoras de leite, abandonando as tradicionais que servían para leite, cría e traballo. Por estes tres motivos os custos disparáronse.




Xosé Turnes Paredes
Para o alumnado de 1ºESO, a veterinaria Pilar García preparou unha presentación na que comezou explicando como eran as explotacións gandeiras desde comezos de século ata a entrada no Mercado Común Europeo. Continuou falando de como os gandeiros se especializaran ben en produtores de carne, que é moi estimada fóra das nosas fronteiras, ben en produtores de leite. Estes foron os maioritarios, e tiveron que aumentar o tamaño das súas explotacións, mecanizalas e adquirir outras razas de vacas produtoras de leite, abandonando as tradicionais que servían para leite, cría e traballo. Por estes tres motivos os custos disparáronse.
Galicia produce o 38% do leite do estado español.  O leite é un produto perecedeiro, ten que vendelo diariamente. É un produto caro xa que ten que mercar alimento para o gando e mercar maquinaria e mantela. É un produto non diferenciado, moi parecido ao do resto de produtores.
Os gandeiros e gandeiras teñen que vender o leite todos os días, e son as industrias e as grandes superficies as que deciden o prezo. De aí que sobreviñera a crise, porque o produto é moi similar en todos os lugares e a produción non é competitiva.
Para rematar a charla Pilar García centrouse en que podemos facer nós, como consumidor@s? 


Os nosos alumnos e alumnas estudaron as etiquetas, nas que por medio de claves podemos saber o lugar de envasado dos produtos lácteos, e tamén se estes produtos son de orixe galega. Saber para decidir conscientemente, o obxectivo da charla. Aprendérono con facilidade!

Remata a charla chegou o momento da xincana. Por parellas completaron un cuestionario sobre as láminas da exposición para coñecer máis aos pintores, ilustradores e escritores que empregaron a vaca nas súas producións.
Na segunda das charlas o poñente foi Xosé Turnes Paredes, empresario do ámbito dos produtos agropecuarios e, por riba de todo, profundo coñecedor do agro galego tanto pola súa formación e traxectoria profesional como pola súa experiencia vital. O  interese polo rural e a preocupación pola situación do leite en Galicia levouno a formar fundar a Asociación Terra e Leite xunto cun grupo moi variado de profesionais de diferentes ámbitos da sociedade (xuristas, periodistas, historiadores...). O obxectivo é darlle ao sector leiteiro o valor que ten como motor da economía galega, promovendo a súa revitalización e defendendo o seu crecemento dentro dun desenvolvemento rural sostible.
O poñente non quixo dar un carácter estritamente técnico senón que tratou de acercar ao noso alumnado a un mundo que para moitos é absolutamente descoñecido e, para a maioría, está moi afastado do seu contorno.
Comezou expoñendo o papel da vaca dentro da economía familiar nunha explotación formada en moitos casos por non máis de catro animais. Neste contexto, a vaca aportaba traballo (como animal de tiro para cultivar as leiras), leite para a supervivencia, carne cando se vendían as crías, abono natural e mesmo calefacción, xa que as cortes adoitaban estar situadas debaixo do sobrado onde estaban os dormitorios das casas. A vaca case se podía considerar como un elemento máis da familia rural galega.
Pasou despois a explicar de maneira moi clara como foi a evolución da estrutura gandeira en Europa ata chegar á integración dos diferentes países no que comezou sendo a Comunidade Económica Europea ata chegar hoxe a Unión Europea. Paralelamente foi trazando os distintos cambios que as explotacións galegas foron sufrindo para tratar de achegarse ao esixido Europa.
Neste contexto aclarou o significado do sistema de cotas vixente ata non hai tanto tempo, e chegou á situación actual na que se encontran as explotacións leiteiras na actualidade. Tamén falou do papel dos intermediarios e, como non, das grandes superficies comerciais, que chegan a vender o leite por debaixo do seu custo de produción para utilizalo como reclamo dentro dunha política comercial que trata de buscar o beneficio pro riba de todo.

Xa no remate da charla houbo dúas intervencións de alumnas; a primeira delas fixo relación á  situación do prezo do leite na actualidade, e a segunda, orixinal sen dúbida, interesándose polo prezo que puidese ter hoxe en día unha vaca no mercado.









Ningún comentario:

Publicar un comentario