xoves, 23 de marzo de 2017

Biblioteca solidaria


A ONG coruñesa "Boa Noite" mantivo a través dos seus representantes, algúns deles ex-alumnos do ies- un encontro co alumnado de 1º bach para dar conta da realidade social que viven moitas persoas na cidade e que moitas veces non nos decatamos. 






O paso adiante desta entidade social é facer visible aqueles que viven na rúa, sen teito nin familia e que adoitan asomarse pola cidade entre lusco e fusco. O empeño de facelos visibles vai facer  que estas persoas  se reencontren consigo mesmos, que vaian abeirando a marxinalidade e dean pasos de autoestima camiño da súa recuperación persoal.

Ningún comentario:

Publicar un comentario