xoves, 16 de marzo de 2017

Intercambio Miraflores /Lycée Le Garros de Auch

O mércores 15 de marzo o alumnado de 1ºBach de francés compartiu unha agradable e interesante sesión cos participantes no intercambio procedentes do Lycée Le Garros de Auch (Francia)

Ao longo do curso os alumnos/as franceses traballaron  entre outros,o conto de Manuel Rivas pertencente ao seu libro Que me queres amor “ A lingua das bolboretas” e viron a película.

 Tras unha breve exposición da vida e obra do escritor coruñés, intercambiamos opinións sobre o que traballaramos conxuntamente nos dous centros.
Pasamos unha hora moi amena na que contamos lendas tradicionais galegas: San Andrés de Teixido, A doniña cerva...empregando a lingua galega, castelá e francesa...

A actividade estaba organizada polo Equipo de Dinamización da Lingua Galega e o Departamento de Francés.










Ningún comentario:

Publicar un comentario