jueves, 9 de marzo de 2017

"Las ingeniosas del hidalgo: el Quijote en voces de mujeres"

Soledad Felloza
O Departamento de Literatura y Lengua Castellana programou para o día 8 de marzo a actividade titulada "Las ingeniosas del hidalgo: el Quijote en voces de mujeres", a cargo da actriz Soledad Felloza, para os alumnos de 1º de bacharelato que asistiron ao mesmo no centro cultural As Torres de Santa Cruz. A actriz Soledad Felloza presentou dous monólogos sobre diferentes personaxes femininos da obra de Cervantes. Mulleres caracterizadas pola autodeterminación nun mundo onde a dependencia respecto aos homes era absoluta.


Quiteria, que loita polo amor do pobre Basilio abandonando a Camacho o rico, co cal o seu pai tiña concertado o matrimonio. E Marcela, a rica herdeira que decide converterse en pastora, rexeitar o amor de Grisóstomo e vivir en soidade.

No tema da liberdade da muller, como en moitos outros, Cervantes foi un adiantado ao seu tempo.

No hay comentarios:

Publicar un comentario