martes, 21 de marzo de 2017



Bases para a elaboración dun logo para o Equipo de Dinamización lingüística do IES Miraflores

O equipo de Dinamización e Normalización Lingüística do IES Miraflores convoca un concurso para escoller un LOGOTIPO que estará presente nas nosas actividades, nas circulares, cartaces,na páxina web...Buscamos un logo que represente a esencia do noso sentir pola lingua e do noso centro.

O logo ten que ter presentes os seguintes aspectos: 

  • O seu lema ten que representar o traballo pola Lingua Galega.

  • No logo pode aparecer o nome do IES MIRAFLORES 


  • Tedes que pensar que vai ser fotocopiado, no caso de que teña imaxes, non deben ser moi pequenas ou con moitos detalles.

  • Tamén podedes facelos en formato dixital. Hai moitos programas para deseñar logos. En internet hai titoriais que dan moitas pistas de como facer logos con distintos programas de ordenador.


  • Tamaño: 10x10 cm. 

  • O autor/a do logo, parella, pequeno grupo ou clase recibirá un premio como recoñecemento do seu traballo. O concurso pode declararse deserto.
    A data límite de entrega do voso traballo é
     o 7 de abril.

Os profes que recollerán os vosos logos serán: Graciela Grande e Carmen Gasamáns. Tamén se poderá entregar aos representantes do alumnado do equipo de dinamización(Adxúntase lista)

  • Os logos deben especificar o nome do alumnado e da clase á que pertencen.(Ten que ir escrito detrás da folla que entreguedes). Se o logo está en formato dixital podedes traelo nunha chave USB.

Estades convidados/as a participar!
 

NON SE RECOLLERÁ NINGÚN TRABALLO FÓRA DE PRAZO!
Oleiros 8 marzo 2017




Graciela Grande Veloso
( Xefa departamento de dinamización lingüística IES Miraflores)


Ningún comentario:

Publicar un comentario