sábado, 6 de maio de 2017

CORRELINGUA 2017

Este ano reuniu na Coruña a uns 2000 alumnos e alumnas da zona, para facer unha marcha comprometéndose co galego. Nesta edición colaborou o Concello da Coruña e a Deputación.
 


Desde o Miraflores queremos felicitar aos centros gañadores do Correlingua da Coruña que se celebrou o venres, 5 de maio.
Son centros cos que temos relación e facemos actividades conxuntas:O CPI O Cruce de Cerceda, que quedou en primeiro lugar, e o IES David Buján de Cambre que foi o segundo.



O CPI O Cruce gañou o concurso de animación con esta fermosa pancarta, sementando o galego.



Os alumnos de 1BACH do IES David Buján que representaron o seu centro no Correlingua van realizar un roteiro literario polo Ourense de Carlos Casares conxuntamente co noso alumnado de 1BACH.

 


O Correlingua comezou en Monforte, seguiu e Ourense onde estes pequenos levaban unha pancarta 3D:


O día 4 realizouse en Lugo onde se puido ver esta pancarta-puzzle:



Continuará por sete cidades máis e rematará na Estrada o día 16, víspera do Día das Letras Galegas.
Parabéns tamén ao profesorado que se implicou nesta actividade.











Ningún comentario:

Publicar un comentario