sábado, 6 de maio de 2017

IES Miraflores.Letras Galegas con Carlos Casares

O alumnado de 1 Bach do IES Miraflores, asistiu os días 2 e 4 de maio ás Torres de Santa Cruz a unha serie de actividade organizadas polo Concello de Oleiros en torno á figura de Carlos Casares.
O martes, o profesor universitario e membro da RAG Henrique Monteagudo faloulles da vida e obra do escritor homenaxado este ano polo Día das Letras Galegas e o xoves Soledad Felloza contoulles algúns dos seus contos máis destacados...






"Eu a literatura enténdoa como escribir o que me peta. E se despois iso lle gusta á xente, encantado", dicía Carlos Casares. E claro que gustaba, porque o protagonista do Día das Letras Galegas de 2017 foi un "contador de historias", como el mesmo se definía. Un contado de historias excepcional. Así o avanza o académico Henrique Monteagudo xa desde a cuberta da que é a primeira biografía sobre o escritor, porque a súa literatura, salienta o biógrafo, é "a manifestación escrita do Casares oral". O volume acaba de saír do prelo na colección Letras Galegas de Galaxia, a editorial que o propio Casares dirixiu durante dezaseis anos.

Ningún comentario:

Publicar un comentario