sábado, 24 de xuño de 2017

CLUB LECTURA 1º ESO, LECTURA SEGUNDO TRIMESTRE VOLVERÁS, GOLFIÑO ANDREA MACEIRAS


O martes día 18 de abril veu ao I.E.S Miraflores a escritora Andrea Maceiras para falar co Club de lectura de 1º da E.S.O, integrado con 19 nenos e nenas, sobre o seu libro Volverás, golfiño.

Recibímola na planta baixa onde lle dixemos o que iamos facer durante a súa visita.
Alí mesmo quitamos unha foto con ela diante dun cartel de Rosalía de Castro. Logo subimos á biblioteca onde comezamos a facerlle preguntas sobre o libro e a pedirlle que nos contara como se inspirou... Despois quitamos unhas fotos cun cartel que pintaron dúas nenas do club de lectura sobre o Prestige e tamén cun cartel que pintamos no club dunha imaxe bastante destacada do libro. Agora recollemos as opinións de integrantes do club.


Sandra: Gustoume moito que viñeras a falarnos do libro; así resolviches as dúbidas do motivo polo que escolleras eses sitios para falar deles....

Paula: Do teu libro o que máis me gustou foi a parte na Iris se despide de Thomas no momento no que os delfíns veñen buscalo. Da túa visita o mellor foi cando ti nos dixeches que escolleras o escenario da historia na Costa da Morte porque non aparecía en ningún outro libro e porque era perfecto para narrar contos de pantasmas.

Rosalía: Eu non puiden estar o día que viñeches a presentar o libro a verdade e que me pesou porque tiña moitas ganas de coñecerte. O libro encantoume e a historia era preciosa espero seguir lendo moitos libros teus. Grazas por vir visitarnos.

Dani: Eu non puiden asistir a clase cando viñeches, cousa que me pesa, porque quería coñecer á persoa que escribiu ese libro tan fantástico. Gustoume moito ``Volverás golfiño’’, porque trata das costas galegas, en especial, a Costa da Morte, porque narra con tanta exactitude e beleza as fermosas costas galegas, porque fala dos seus faros e porque Iris vai descubrindo pouco a pouco e coa axuda do seu amigo Thomas a historia dos afundimentos galegos e polo seu propio interese, descobre a historia do ``Prestige’’ e da marea negra na que tanto se inspira a súa nai para os seus cadros.

Miguel: O que máis me gustou do teu libro é que estiveses escribindo e representando o máis preciso posíbel todos os lugares da Costa da Morte. Tamén gustoume o momento no que Iris se despide de Thomas cando este ten que marchar. O que máis me gustou da túa visita foi que estivestes contando que estiveras neses mesmos lugares que están no libro, e que nos estiveses informando sobre eses lugares e sobre as protestas que houbo cando afundía un barco que transportaba cargamento contaminante.


Mario: o que máis me gustou da túa visita foi que nos respondiches a todas as nosas preguntas sobre o libro e que nós puidésemos sacarnos unha foto contigo. O que máis me gustou do libro foi a parte na que atopa o cofre co seu nome gravado.

Patricia: o que máis me gustou da túa visita foi cando nos contaches todo no que te inspiraches para facer este libro e que estiveras en todos eses lugares nos que estivera Iris. O que máis me gustou do libro foi cando Iris se despide de Thomas, e cando encontra o pelo branco no interior do baúl e queda atrapada dentro deste.

Pablo: o que máis me gustou da túa visita foi no momento no que nos relataches as veces que, na túa infancia, fuches por esas belas praias e viches todo iso; e, máis tarde, cando volviches ir por alí e decidiches facer unha historia de medo ambientada alí. O máis bonito do libro, na miña opinión, é cando Iris se despide de Thomas e logo atopa o pelo branco no baúl. Moitas grazas pola túa visita.

 
Javier Corral: o que máis me gustou do libro foron as paisaxes que aparecían no libro. O que máis me gustou de que viñeses a visitarnos foi que puideses contestar as miñas preguntas e as dos meus compañeiros. Moitas grazas por vir, e gustoume moito o teu libro.

Ana: Gustoume moito “ Volveras golfiño”, sobre todo polos lugares fantásticos citados no libro. O que máis me gustou deste libro foi que consegue meterte moito na lectura e, así, poder vivir o libro dunha maneira moi divertida.
Irene: A min gustome moito que nos visitarás e que puideses responder a todas as nosas preguntas sobre o libro, que a min, persoalmente encantoume. Pero sobre todo fascinoume cando os golfiños recolleron a Iris para estar con ela o resto da eternidade.

Inés Leivas: O teu libro encantoume, expresa moi ben os sentimentos dos protagonistas e conseguín meterme no propio libro chegando a sentirme un personaxe máis.

Elba: Este libro encantoume, xa que a historia tiña sentimentos moi bonitos

Sergio: o que máis me gustou da túa visita foi cando nos contaches en que te inspiraras para facer o libro. Cando de pequena fuches a aqueles lugares tan fermosos que nos describiches tan ben e con tanta ledicia. O libro estivo moi ben, e gustoume moito porque me lembra a época de verán e tamén polo amor que sente Iris polo seu avó.
Mar Barreiro: Encantoume o teu libro! Penso que a idea das pantasmas é marabillosa e que como ti dixeches, que a Costa da Morte parece o escenario perfecto para elas. A parte na que Iris ve cando Thomas se encontra co seu irmán paréceme encantadora. Da túa visita encantoume que respondiches a todas as nosas preguntas e dixéchesnos moitos datos interesantes sobre o Prestige e outros barcos afundidos. Graciñas por vir!



Nesta foto Mar Velázquez cóntalle a alumnos e alumnas doutros centros que quixera pintar o Prestige despois de ler o teu libro. Miguel e Dani explicaron de que trataba Volverás, golfiño, para que se animaran a lelo. Foi no Encontro dos clubs de lectura celebrado en Santiago o sábado, 17 de xuño.

Sabemos que os alumnos e alumnas de 1ºESO do Miraflores van ler o teu libro o curso que vén. Agardamos que lles guste tanto como nos gustou a nós.

Ata sempre!





 

Ningún comentario:

Publicar un comentario