lunes, 3 de julio de 2017

O HIMNO GALEGO NO CEIP SAN CLEMENTE


Na derradeira semana deste curso comezamos a ver nas redes este vídeo compartido polas persoas máis diversas. É un traballo cun centro escolar que saíu fóra do ámbito do ensino.
E non nos estraña...que ben queda o himno cantado por estes pequechos e pequenas! A quen non lle gustaría estar alí para cantalo?
A idea partiu do Equipo de Normalización do CEIP San Clemente,de Caldas de Reis e desde logo é unha proposta moi atractiva para o alumnado. 
Aquí vos deixamos unha captura da páxina oficial do centro por se queredes saber máis del.

No ano 2017 cúmprense dous aniversarios relacionados co himno. O 9 de marzo celebramos o 100 aniversario do falecemento de Eduardo Pondal. Con este motivo o ANCE emitiu o cupón conmemorativo.
O 20 de decembro celebraremos o 110 niversario da estrea do himno na Habana. Na wikipedia vén así explicado:
O texto do himno é froito da correspondencia que mantiveron Eduardo Pondal e Pascual Veiga en 1890, no que o compositor lle solicitaba ao escritor un texto para unha partitura que ía presentar con motivo dun certame que ía elixir o mellor himno galego para o caso que o premio resultase deserto. Logo de varias redaccións envioulle un primeiro texto que titulou Breogán. Pascual Veiga solicitoulle algúns cambios na acentuación para adaptalo ritmicamente á música.”
Os tempos son chegados.


 

No hay comentarios:

Publicar un comentario